Contemporánea

Contemporánea

Introducción

Resulta difícil explicar a presenza e o protagonismo que ten a pedra nos séculos XIX e XX sen nos referir á incidencia dunha situación política e económica que condiciona o desenvolvemento dos proxectos máis ambiciosos e atrasa a incorporación dalgunhas solucións técnicas e estéticas que entón se despregaban nos centros culturais europeos máis activos. Na escultura, atopámonos cun panorama bastante gris no século XIX, con moitos epígonos do formulado tanto desde un punto de vista estético coma desde un aspecto formal. Sen dúbida, hai que esperar, co cambio de século, á chegada dun escultor como Francisco Asorey para que poidamos medir as obras dun artista coa mellor tradición plástica galega.

Busto de Beluca Varela

Francisco Asorey
1930

Colección particular de Isabel Fernández de la Mora
Varela, Madrid

Asorey coñece o medio, as posibilidades do material e as solucións dadas en épocas anteriores, desde a escultura pero tamén desde a arquitectura. Combina distintos tipos de granito, cuxa rugosidade ou diferente cor lle serven para introducir calidades pictóricas ao monumento, para crear sensación de dinamismo, de movemento, de acción. Asorey é o último grande escultor monumental galego que elixe a pedra como material preferente. Outros farán, décadas despois, esculturas de gran formato, pero o punto de partida é distinto.

Contemporánea

Introducción

Resulta difícil explicar a presenza e o protagonismo que ten a pedra nos séculos XIX e XX sen nos referir á incidencia dunha situación política e económica que condiciona o desenvolvemento dos proxectos máis ambiciosos e atrasa a incorporación dalgunhas solucións técnicas e estéticas que entón se despregaban nos centros culturais europeos máis activos. Na escultura, atopámonos cun panorama bastante gris no século XIX, con moitos epígonos do formulado tanto desde un punto de vista estético coma desde un aspecto formal. Sen dúbida, hai que esperar, co cambio de século, á chegada dun escultor como Francisco Asorey para que poidamos medir as obras dun artista coa mellor tradición plástica galega.

Restos arqueolóxicos. Barca solar

Silverio Rivas
2012

Colección de Silverio Rivas, Vigo (Pontevedra)

Silverio Rivas é, sen dúbida, dos escultores da súa xeración que teñen máis clara a función e sentido do monumento contemporáneo, entendido coma peza social, de participación e goce colectivo, asumindo o seu sentido urbanístico desde un respecto absoluto polas formas e medidas da paisaxe circundante. Dese modo, cando traballa nunha escala menor, as proporcións e a relación entre as partes da obra rematan afirmándose arquitectónicas, coma se fosen maquetas de edificios sociais ou conmemorativos.

Contemporánea

Introducción

Resulta difícil explicar a presenza e o protagonismo que ten a pedra nos séculos XIX e XX sen nos referir á incidencia dunha situación política e económica que condiciona o desenvolvemento dos proxectos máis ambiciosos e atrasa a incorporación dalgunhas solucións técnicas e estéticas que entón se despregaban nos centros culturais europeos máis activos. Na escultura, atopámonos cun panorama bastante gris no século XIX, con moitos epígonos do formulado tanto desde un punto de vista estético coma desde un aspecto formal. Sen dúbida, hai que esperar, co cambio de século, á chegada dun escultor como Francisco Asorey para que poidamos medir as obras dun artista coa mellor tradición plástica galega.

Nube

Manolo Paz
2007

Fundación Manolo Paz,
Cambados (Pontevedra)

Unha longa estadía en Nova York (1992-1994) levouno a buscar unha intención en cada proposta, abrindo as formas rotundas a un sentido poético, axilizando os seus recursos plásticos. Un posterior achegamento á cultura oriental levouno a amosar as súas esculturas non tanto coma presenzas afirmativas senón coma escenarios de reflexión, de evocación, de reflexos. Unha pedra pode converterse en nube, que a sintamos aérea, que deixe ver un leve plano de auga que sae do seu interior, ou da noite e o orballo.

Comparte a túa experiencia na exposición no noso libro de visitas virtual:

Filtered HTML

  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <blockquote> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
Imaxe
Os ficheiros deben ser menores de 4 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: png gif jpg jpeg.
As imaxes deben medir menos de 1400x1400 píxeles.

Solapas verticais