Gallaecia Petrea: Natureza, Traballo e Arte

Gallaecia Petrea propón un percorrido pola presenza da pedra na cultura galega, desde as súas orixes ata a actualidade: desde o momento en que é elemento básico na definición da paisaxe ata as creacións culturais máis recentes. Formulase coma un estudo das relacións entre o territorio e a pedra, coma un debate sobre un dos sinais de identidade da cultura, da paisaxe e do modo de vivir galego. Ocúpase da utilización da pedra como material construtivo e soporte artístico, explicando tanto as razóns polas que se recorre a ela como as técnicas de traballo empregadas e as diferentes linguaxes estéticas utilizadas. Ofrece un mostrario das propostas máis importantes, tanto útiles como artísticas, realizadas en distintos tipos de pedra, pero parte dunha análise xeolóxica do territorio, que explica as razóns polas que se elixe en cada momento un material determinado.

Gallaecia Petrea reúne, por vez primeira, as obras máis significativas feitas en pedra en Gallaecia, a actual Galicia e o Norte de Portugal, xunto a zonas limítrofes asturianas: as terras comprendidas entre os ríos Douro e Navia. Un territorio xeográfico marcado pola presenza da pedra desde a fin do Mesozoico, hai 200 millóns de anos; un territorio político-social ordenado desde a época romana; unhas fronteiras que se desprazaron lixeiramente segundo os avatares da historia, ata quedar definidas na Baixa Idade Media. Confrontar obras realizadas nese territorio durante o mesmo período é a mellor maneira de certificar unha intensa relación a partir da cal se entenden analoxías, ánimos, propostas e proxectos comúns.

No territorio de Gallaecia, a presenza dominante do granito e a lousa non oculta a recorrencia a outras pedras para realizar obxectos, incluíndo algunhas importadas, incorporadas no sentir popular case como propias, caso do acibeche. Moi significativo resulta que o proceso de traballo das máis tradicionais apenas variase, mentres novas técnicas, reflexiones e linguaxes construtivas permitiron a incorporación doutros materiais, ata chegar, na época moderna e contemporánea, á utilización da pedra artificial ou á pintura que simula a aparencia de pedra.

Miguel Fernández-Cid
Comisario xeral de Gallaecia Petrea

Xeoloxía
Juan Ramón Vidal Romaní
Ver obra
Prehistoria
Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez
Ver obra
Roma
Antonio Rodríguez Colmenero
Ver obra
Medievo
Carlos Valle Pérez
Ver obra
Moderna
Ana Goy Diz
Ver obra
Contemporánea
Miguel Fernández Cid
Ver obra

Comparte a túa experiencia na exposición no noso libro de visitas virtual:

Filtered HTML

  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <blockquote> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
Imaxe
Os ficheiros deben ser menores de 4 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: png gif jpg jpeg.
As imaxes deben medir menos de 1400x1400 píxeles.

Solapas verticais