Moderna

Moderna

Introducción

A pedra, cargada dun valor cerimonial e máxico para o pobo galego desde as súas orixes, utilizouse na Idade Moderna naqueles conxuntos excepcionais que polo seu valor simbólico debían perdurar sen que o tempo borrara a súa memoria. Así a pedra pasou a ser un material reverencial ao que non renunciaron nin a Coroa, nin a Igrexa, nin a fidalguía nos seus proxectos, e moito menos o pobo, que a empregou nas súas casas, nas súas capelas, nos lindes das súas fincas, nos cruceiros, nas fontes, arrancando dela toda a súa expresividade.

Santa María Madalena

Taller de João Ruão
1550-1557

Museo Pio XII, Braga (Portugal)

Escultura da Madalena, realizada en calcaria ou “pedra de Ançã”, atribuída ao obradoiro coimbrán de João de Ruão, que amosa a santa convertida nunha dama da época, ricamente vestida, levando caixa de ungüentos nas súas mans, símbolo da que utilizou para unxir o corpo de Cristo.

Moderna

Introducción

A pedra, cargada dun valor cerimonial e máxico para o pobo galego desde as súas orixes, utilizouse na Idade Moderna naqueles conxuntos excepcionais que polo seu valor simbólico debían perdurar sen que o tempo borrara a súa memoria. Así a pedra pasou a ser un material reverencial ao que non renunciaron nin a Coroa, nin a Igrexa, nin a fidalguía nos seus proxectos, e moito menos o pobo, que a empregou nas súas casas, nas súas capelas, nos lindes das súas fincas, nos cruceiros, nas fontes, arrancando dela toda a súa expresividade.

A Medicina

Claude Laprade
1702

Museu Nacional Machado de Castro, Coímbra (Portugal)

A alegoría da Medicina forma parte dun grupo de esculturas que a Universidade de Coímbra lle encargou a Claude Laprade, escultor francés instalado en Portugal que introduciu no país o barroco a maniera italiana, cunha marcada influencia berninesca, que triunfará en tempos de João V no Palacio de Mafra.

Moderna

Introducción

A pedra, cargada dun valor cerimonial e máxico para o pobo galego desde as súas orixes, utilizouse na Idade Moderna naqueles conxuntos excepcionais que polo seu valor simbólico debían perdurar sen que o tempo borrara a súa memoria. Así a pedra pasou a ser un material reverencial ao que non renunciaron nin a Coroa, nin a Igrexa, nin a fidalguía nos seus proxectos, e moito menos o pobo, que a empregou nas súas casas, nas súas capelas, nos lindes das súas fincas, nos cruceiros, nas fontes, arrancando dela toda a súa expresividade.

Fragmento de altar pétreo

Finais do século XVI

Igrexa de San Salvador de Vilar de Donas,
Palas de Rei (Lugo)

No Renacemento e no Barroco, o retablo, retro tabula altaris, foi concibido como unha máquina disposta para o Sagrado, e converteuse nun dos lugares privilexiados para representar os Misterios Sagrados e plasmar a doutrina cristiá, adquirindo un valor catequético incuestionable, á marxe de que fosen realizados en pedra ou en madeira. O fragmento do retablo de San Salvador de Vilar de Donas é un belo expoñente deses retablos pétreos cun marcado sentido cristolóxico e eucarístico que nos retrotrae a formas de principios do século XVI.

Moderna

Introducción

A pedra, cargada dun valor cerimonial e máxico para o pobo galego desde as súas orixes, utilizouse na Idade Moderna naqueles conxuntos excepcionais que polo seu valor simbólico debían perdurar sen que o tempo borrara a súa memoria. Así a pedra pasou a ser un material reverencial ao que non renunciaron nin a Coroa, nin a Igrexa, nin a fidalguía nos seus proxectos, e moito menos o pobo, que a empregou nas súas casas, nas súas capelas, nos lindes das súas fincas, nos cruceiros, nas fontes, arrancando dela toda a súa expresividade.

Relevo da Virxe co Neno

Anónimo
Segunda metade do século XVI

Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

Este relevo da Virxe co Neno demostra a influencia que as formas miguelanxelescas de Gaspar Becerra, Pedro de Arbulo e Esteban Jordán tiveron na escultura galega, especialmente en Lugo e Ourense, máis próximas a Astorga. Malia o seu pequeno tamaño trátase dunha obra de gran forza expresiva.

Moderna

Introducción

A pedra, cargada dun valor cerimonial e máxico para o pobo galego desde as súas orixes, utilizouse na Idade Moderna naqueles conxuntos excepcionais que polo seu valor simbólico debían perdurar sen que o tempo borrara a súa memoria. Así a pedra pasou a ser un material reverencial ao que non renunciaron nin a Coroa, nin a Igrexa, nin a fidalguía nos seus proxectos, e moito menos o pobo, que a empregou nas súas casas, nas súas capelas, nos lindes das súas fincas, nos cruceiros, nas fontes, arrancando dela toda a súa expresividade.

Relevo da Crucifixión

Anónimo
Siglos XVII-XVIII

Museo Catedralicio e Diocesano de Mondoñedo (Lugo)

Espléndido relevo de mármore co tema da Crucifixión que evidencia a influencia dos gravados na composición da escena, e da arte italiana na execución da obra. Narra o momento da morte de Cristo, cando o centurión se dispón a atravesarlle o costado coa súa lanza e o Bo Ladrón volve os seus ollos cara ao Salvador, mentres que san Xoán e as mulleres consolan a María. Deus Padre bendice a escena desde o alto, sentado nun trono de nubes e apoiado no mundo.

Moderna

Introducción

A pedra, cargada dun valor cerimonial e máxico para o pobo galego desde as súas orixes, utilizouse na Idade Moderna naqueles conxuntos excepcionais que polo seu valor simbólico debían perdurar sen que o tempo borrara a súa memoria. Así a pedra pasou a ser un material reverencial ao que non renunciaron nin a Coroa, nin a Igrexa, nin a fidalguía nos seus proxectos, e moito menos o pobo, que a empregou nas súas casas, nas súas capelas, nos lindes das súas fincas, nos cruceiros, nas fontes, arrancando dela toda a súa expresividade.

Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago

Juan Esmorís García
1867

Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela

Por ser moi coñecida, a traza da fachada do Obradoiro non deixa de ser unha peza emblemática que simboliza o esforzo común de mestres de obra, escultores e canteiros galegos, que conseguiron facer, da pedra fría e inerte, un pano de fondo para a praza do Obradoiro, que se converteu na exaltación do culto apostólico e da basílica compostelá.

Comparte a túa experiencia na exposición no noso libro de visitas virtual:

Filtered HTML

  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <blockquote> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
Imaxe
Os ficheiros deben ser menores de 4 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: png gif jpg jpeg.
As imaxes deben medir menos de 1400x1400 píxeles.

Solapas verticais