Roma

Roma

Introducción

Roma deixou en Gallaecia unha dobre e indeleble pegada: a escrita e a arqueolóxica. E desde o punto de vista arqueolóxico, sobre pedra, especialmente granito e lousa, plasmáronse as manifestacións máis sobranceiras dos procesos de modelación romana a través das distintas actividades susceptibles de seren realizadas no traballo sobre roca. Son, polo tanto, os resultados do devandito labor, levado a cabo durante o período de dominación romana, os que se pretenden dar a coñecer na presente mostra, desde a primeira monumentalización dos santuarios rupestres ou a aparición da estatuaria híbrida romano-indíxena, ata os conxuntos arquitectónicos urbanos, os campamentos e vilas rurais, as obras escultóricas, as pontes e vías ou, simplemente, os obxectos da vida cotiá.

Estatuas bélicas

Estatua de guerreiro galaico
Siglo I

Procedente de Outeiro de Lezenho. Boticas, Vila Real (Portugal)
Museu Nacional de Arqueologia, Lisboa (Portugal)

Entre as mostras escultóricas máis destacadas deste capítulo figuran dúas estatuas bélicas procedentes do sur de Gallaecia, Portugal actualmente, que posúen inscrición: unha de Lezenho (Boticas), con epígrafe sen interpretar aínda, e outra de Meixedo (Viana do Castelo), cunha inscrición funeraria sobre o sagos mandada gravar conxuntamente pola súa muller, o seu irmán e o seu grupo xentilicio. Tales feitos virían demostrar que, polo menos estas dúas esculturas, foron elaboradas xa durante a época romana.

Roma

Introducción

Roma deixou en Gallaecia unha dobre e indeleble pegada: a escrita e a arqueolóxica. E desde o punto de vista arqueolóxico, sobre pedra, especialmente granito e lousa, plasmáronse as manifestacións máis sobranceiras dos procesos de modelación romana a través das distintas actividades susceptibles de seren realizadas no traballo sobre roca. Son, polo tanto, os resultados do devandito labor, levado a cabo durante o período de dominación romana, os que se pretenden dar a coñecer na presente mostra, desde a primeira monumentalización dos santuarios rupestres ou a aparición da estatuaria híbrida romano-indíxena, ata os conxuntos arquitectónicos urbanos, os campamentos e vilas rurais, as obras escultóricas, as pontes e vías ou, simplemente, os obxectos da vida cotiá.

Miliarios pertencentes á milla XVII da Via Nova en Terras de Bouro (Portugal)

Unha das vías romanas mellor conservadas do Imperio é a Via Nova (XVIII do Itinerario de Antonino), con numerosas pontes da época, conxuntos de miliarios sorprendentes, sobre todo no parque, tanto portugués como español, da Serra do Xurés, e obras de fábrica envexables nalgúns traxectos. Recentemente, e logo de doce anos, concluíuse o estudo total e integral da devandita vía por parte de membros do Grupo Larouco e a Universidade de Santiago de Compostela.

Comparte a túa experiencia na exposición no noso libro de visitas virtual:

Filtered HTML

  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <blockquote> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
Imaxe
Os ficheiros deben ser menores de 4 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: png gif jpg jpeg.
As imaxes deben medir menos de 1400x1400 píxeles.

Solapas verticais