Xeoloxía

Xeoloxía

Introducción

A xeoloxía determina a historia do territorio de Gallaecia Petrea. Por unha parte, por mor da súa similitude litolóxica concretada en dous tipos de roca dominantes, granitos e lousas, ofrécelles unha grande homoxeneidade aos materiais sobre os que se vai desenvolver a actividade biolóxica –tipos de chan, vexetación–, o que explica a homoxeneidade da paisaxe. Tamén inflúe na paisaxe humana, pois as mesmas materias primas minerais e as mesmas rocas determinarán os movementos do home á procura dos recursos xeolóxicos específicos de Gallaecia, ou o deseño da arquitectura ou da arte en xeral que define a paisaxe humana desde a Prehistoria ata a actualidade.

Descripción Geognóstica del Reino de Galicia

Guillermo Schulz, 1835

Laboratorio Xeolóxico de Laxe (O Castro-Sada), Museo

É a primeira descrición moderna da xeoloxía galega que inclúe tamén un mapa xeolóxico, o primeiro dos realizados en España (1834), malia a enorme dificultade de traballo en Galicia pola densa cuberta vexetal e as rocas dominantes, esencialmente ígneas e metamórficas. Describe as principais unidades xeolóxicas de Galicia e xacementos de minerais (ouro, volframio, estaño, antimonio, lignito, etc.), que comezaron a ser explotados case un século despois.

Xeoloxía

Introducción

A xeoloxía determina a historia do territorio de Gallaecia Petrea. Por unha parte, por mor da súa similitude litolóxica concretada en dous tipos de roca dominantes, granitos e lousas, ofrécelles unha grande homoxeneidade aos materiais sobre os que se vai desenvolver a actividade biolóxica –tipos de chan, vexetación–, o que explica a homoxeneidade da paisaxe. Tamén inflúe na paisaxe humana, pois as mesmas materias primas minerais e as mesmas rocas determinarán os movementos do home á procura dos recursos xeolóxicos específicos de Gallaecia, ou o deseño da arquitectura ou da arte en xeral que define a paisaxe humana desde a Prehistoria ata a actualidade.

Cadernos de campo de Guillermo Schulz

Guillermo Shulz, 1832-1833

Biblioteca G. Escrigas

Son o complemento etnográfico da Memoria Geognóstica del Reyno de Galicia. Neles descríbese a Galicia de 1832; o carácter das súas xentes, desinteresadas pola minería, desconfiados co estranxeiro, hábiles para cortar o granito en tiras (perpiaños), laboriosos nos estaleiros de Ferrol, a fábrica de Xubia de moeda e pranchas de cobre, limpos e pulcros nas cidades da Coruña, Vigo, Ferrol, Tui, Mondoñedo ou Chantada. Describe por primeira vez unha marea vermella e a fervenza do Xallas (O Ézaro) aínda intacta.

Xeoloxía

Introducción

A xeoloxía determina a historia do territorio de Gallaecia Petrea. Por unha parte, por mor da súa similitude litolóxica concretada en dous tipos de roca dominantes, granitos e lousas, ofrécelles unha grande homoxeneidade aos materiais sobre os que se vai desenvolver a actividade biolóxica –tipos de chan, vexetación–, o que explica a homoxeneidade da paisaxe. Tamén inflúe na paisaxe humana, pois as mesmas materias primas minerais e as mesmas rocas determinarán os movementos do home á procura dos recursos xeolóxicos específicos de Gallaecia, ou o deseño da arquitectura ou da arte en xeral que define a paisaxe humana desde a Prehistoria ata a actualidade.

El Conocimiento Geológico de Galicia

Isidro Parga Pondal, 1958

Laboratorio Xeolóxico de Laxe (O Castro-Sada), Biblioteca

É a primeira obra de divulgación da Xeoloxía de Galicia cunha visión unificada entre o precámbrico e a actualidade. A intelectualidade galega exiliada en Arxentina encargoulle a Parga Pondal a redacción do traballo. O atraso na súa execución obrigou a Isaac Díaz Pardo, daquela en Arxentina (1955), a instalarse temporalmente na casa de Parga Pondal ata velo finalizado.

Xeoloxía

Introducción

A xeoloxía determina a historia do territorio de Gallaecia Petrea. Por unha parte, por mor da súa similitude litolóxica concretada en dous tipos de roca dominantes, granitos e lousas, ofrécelles unha grande homoxeneidade aos materiais sobre os que se vai desenvolver a actividade biolóxica –tipos de chan, vexetación–, o que explica a homoxeneidade da paisaxe. Tamén inflúe na paisaxe humana, pois as mesmas materias primas minerais e as mesmas rocas determinarán os movementos do home á procura dos recursos xeolóxicos específicos de Gallaecia, ou o deseño da arquitectura ou da arte en xeral que define a paisaxe humana desde a Prehistoria ata a actualidade.

Mapa Geológico del Macizo Hespérico Peninsular 1:500.000 (1982) 

Isidro Parga Pondal (depósito)

Laboratorio Xeolóxico de Laxe (O Castro-Sada), Biblioteca

Resultado do esforzo internacional de varias universidades europeas para unificar a Xeoloxía da metade occidental da Península Ibérica iniciado por José Ramón Parga Peinador (1972) e inconcluso, polo seu pasamento, durante moitos anos. En 1982, grazas ao apoio de Isaac Díaz Pardo, foi finalizado polos profesores A. Marcos e R. Vegas, procedéndose á súa publicación.

Comparte a túa experiencia na exposición no noso libro de visitas virtual:

Filtered HTML

  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <blockquote> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
Imaxe
Os ficheiros deben ser menores de 4 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: png gif jpg jpeg.
As imaxes deben medir menos de 1400x1400 píxeles.

Solapas verticais